D.O / ZONA // Valdeorras

Bancales

8,95

-
+

Hai familias que levan escritas na fronte as gañas os esforzos e até os golpes que levaron para sacar adiante os seus proxectos vitais, unha rxeración despois de outra, afamilia Moral é unha desas cando os ves e falas con eles xa sabes que na superficie non vas sacar nada, vas ter que sachar ao seu carón para descubrir a infinita xenerosidade e sapiencia que acumularon cos anos.

Logo están os viños que recollen todos eses anceios, pero sempre hai un na bodega que tenta ser a prolongación do mellor que levamos dentro, sen dúbida este bancales Moral non tería outra definición máis acaída, durante moitos anos foi o acompañante imprescindible de Rogelio nas súas viaxes e estancias na Emigración.

Viño límpido e brillante, unha mezcla perfecta entre a froita e a madeira, froita roxa exhuberante e fresca que é complementada polo paso por barrica que apenas lle aporta matices especiados en nariz e profundidade e persistencia na boca, o seu ribete granate mostranos o repouso e a madurez. Por último non podemos esquencer a súa mineralidade, procedendo de bancais roturados en terra de pizarra, as aportacións son suxerentes e culminan este bancales con moita elegancia e sabor no padal.

Se queredes darvos un paseo por Valdeorras ulir os seus aromas e degustar as súas golosas terras non tedes máis que abrir unha botella con tempo e en boa compaña e deixarvos levar polas sensación do Bancales Moral.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email
La bodega

Rogelio Moral

Descripción:

Denominación / Zona:

Añada:

Formato:

750ml

Localización

Parroquia de Éntoma concello do Barco de Valdeorras, viñas en bancais con tratamentos moi respetuosos co medio ambente. Viñedos “Terra Grande” coas ladeiras protexidas ao Norte polo Monte Coto Grande e abertas ao Sul as brisas dos ríos Sil e Éntoma.

Elaboración

Viño tinto, elaborado con uvas de diversas castes autóctonas, seleccionadas a man e posteriormente fermentado en depósitos de aceiro inoxidable e logo cun leve paso por barricas usadas de carballo francés, 5 meses, e repouso posterior na botella varios meses máis antes de sair ao mercado.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.

Filtrar

Tipo de vino

Precio

D.O / Zona

Variedad

Bodega

Graduación

Formato

Tag

Eliminar filtros

Bolsa de compras
Aún no agregaste productos.
Seguir viendo
0