Señor Cuco 2016

Señor Cuco 2016


Señor Cuco 2016

Señor Cuco 2016

A sona histórica do tinto do Condado, “célebre dende Pedro Madruga” en palabras de Álvaro Cunqueiro, collerá folgos con este novo viño, recén saído ao mercado. Procede de viñas con solos areosos de orixe granítica situadas en Salvaterra e As Neves, mirando cara o río Miño.

Entrevideiras agrupa neste proxecto a César Alonso, Mari Álvarez, Anxo Eiras e Rocío Garrido, boa xente do mundo do viño. Un equipa con experiencia procedente da tradición, do coñecemento, da formación, do traballo e da paixón.

Un viño coidado na viña e na adega, que fala das variedades (sousón, pedral, espadeiro e caíño) e da zona. Serio, fresco e elegante, para recomendar sen medo.

Cunqueiro volvería escribir sobre as terras do Condado, despois de probar o Señor Cuco: “levo na memoria algún que outro tinto perfecto”.

Compartir en facebook
Compartir en twitter
Compartir en linkedin
Compartir en telegram
Compartir en whatsapp
Compartir en email

Máis
artigos

Carriño
Ainda non engadiches productos.
Seguir mercando
0